Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía renova o firme da rúa Salvador de Madariaga

A Tenencia de Alcaldía renova o firme da rúa Salvador de Madariaga

Os traballos desenvolveranse en dúas xornadas, garantindo sempre o acceso aos garaxes e ao aparcadoiro da rúa

Alexandre Penas: "Seguimos traballando para que as rúas de Lugo conten cun firme en bo estado"

  • Tema
    • Infraestruturas
Luns, 25 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou hoxe a rúa Salvador de Madariaga, onde veñen de comezar os traballos de reconstrución do firme para dar solución ás incidencias da rúa. Alexandre Penas destacou que a Tenencia de Alcaldía traballa "para garantir as mellores condicións de seguridade nos espazos urbanos".

A Tenencia de Alcaldía realizará estes traballos de reconstrucción do firme en dúas fases (dende Avenida Ramón Ferreiro ata inmoble número 16 e dende inmoble número 20 ata a Praza Bretaña), executándose os traballos o hoxe, luns 25 e mañá, martes 26. Durante o desenvolvemento dos traballos garantirase o acceso a residentes e ao aparcadoiro polo treito non afectado polas obras.

A actuación céntrase na mellora da capa de rodadura. O proxecto prevé o fresado superficial de toda a superficie, e a habilitación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, coas características técnicas axeitadas, garantindo así a durabilidade dos traballos executados. Ademais, procederase ao repintado da sinalización horizontal afectada pola intervención, incluíndo liñas continuas e discontinuas, pasos de peóns, cebreados ou frechas.

Audio

  • Alexandre Penas, sobre o firme da rúa Salvador de Madariaga | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-renova-o-firme-da-rua-salvador-de-madariaga

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250825_alexandre_penas_salvador_de_madariaga.mp3