Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía organiza campamentos de pascua nas casas das linguas municipais e no MIHL

A Tenencia de Alcaldía organiza campamentos de pascua nas casas das linguas municipais e no MIHL

Maite Ferreiro: "queremos ofertar unha alternativa para a conciliación na que as nenas e nenos se acheguen a outras linguas de maneira lúdica".

As actividades desenvolveranse nas dúas casas das linguas municipais os días 14, 15 e 16 de abril entre as 09:30 e as 13:30, destinadas a nenas e nenos nados entre o 2015 e o 2021.

No MIHL, as actividades serán os días 14, 15, 16 e 21 de abril, entre as 09:15 e as 13:45, para nenas e nenos nados entre 2013 e 2021.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Igualdade,
    • Conciliación
Domingo, 30 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía organiza campamentos de pascua nas casas das linguas municipais e no MIHL

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que as Casas das Linguas Municipais e o MIHL acollerán campamentos durante a semana santa. Segundo informou Maite Ferreiro, "queremos facilitar a conciliación ás familias ao mesmo tempo que achegamos ás nenas e nenos a outras linguas de maneira lúdica".

As actividades organizadas nas Casas das Linguas están orientadas para nenas e nenos nados entre os anos 2015 e 2021, e levaranse os días 14, 15 e 16 de abril, entre as 09:30 e as 13:30. Para solicitar unha praza, debe contactarse mediante correo electrónico entre o 1 e o 7 de abril ás 10:00 coa Casa das Linguas na que se desexe solicitar a praza, no enderezo casa.linguas@lugo.gal [1] para a Casa das Linguas da Estrada da Granxa ou no enderezo casa.linguas.balteira@lugo.gal [2]. As solicitudes para irmás e irmáns deberán remitirse no mesmo correo. Un total de 30 prazas, 15 en cada unha das casas das linguas, outorgaranse por orde de inscrición, e a listaxe de admitidos será publicada na xornada do 8 de abril, cando se abrirá o prazo para entregar a documentación necesaria para formalizar a inscrición.

No MIHL, as actividades están orientadas para nenas e nenos nados entre o 2013 e o 2021, e celebraranse os días 13, 15, 16 e 21 de abril entre as 09:15 e as 13:45. Haberá en total 20 prazas que se poderán solicitar entre o 1 e o 7 de abril, a partir das 10:00, no correo electrónico museo.mihl@lugo.gal [3]. A listaxe de admitidos publicarase igualmente o 8 de abril e o prazo de formalización nos 3 campamentos estará aberto ata o día 11.

No correo de solicitude deberá indicarse o nome da nena ou neno, data de nacemento e teléfono de contacto, podendo inscribirse a varios irmáns no mesmo correo. Para a formalización da inscrición, será preciso aportar posteriormente unha fotocopia do DI do pai, nai ou titor legal que presentou a solicitude, fotocopia do DI do neno ou nena, en caso de telo, folla de inscrición e, en caso de autorizar a toma de imaxes, a folla de autorización. No caso de non formalizar a solicitude dentro do prazo, poderase cubrir a praza coas nenas e nenos en lista de agarda.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-organiza-campamentos-de-pascua-nas-casas-das-linguas-municipais-e-no-mihl

Ligazóns:
[1] mailto:casa.linguas@lugo.gal
[2] mailto:casa.linguas.balteira@lugo.gal
[3] mailto:museo.mihl@lugo.gal