Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía instala radares pedagóxicos "para concienciar á veciñanza sobre a importancia da seguridade viaria"

A Tenencia de Alcaldía instala radares pedagóxicos "para concienciar á veciñanza sobre a importancia da seguridade viaria"

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron a avenida Infanta Elena, onde se colocou o primeiro radar pedagóxico da cidad de Lugo.

Arroxo: "Seguimos traballando para que Lugo conte cun tráfico calmado e aumentar a seguridade viaria".

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Transporte,
    • Tráfico
Venres, 10 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía instala radares pedagóxicos "para concienciar á veciñanza sobre a importancia da seguridade viaria"

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo iniciou a instalación de radares pedagóxicos en diferentes puntos da cidade co obxectivo de promover unha condución responsable e segura. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto coa edil de Educación, Iria Buide visitaron hoxe a avenida Infanta Elena, onde xa se instalou o primeiro destes dispositivos que teñen, segundo explicou Rubén Arroxo, "un obxectivo formativo: facer que as persoas condutoras tomen conciencia da súa velocidade ao circular polas rúas de Lugo, contribuíndo así a mellorar a seguridade viaria e a convivencia no espazo público".

Arroxo destacou que “seguimos traballando para que Lugo conte cun tráfico calmado e aumentar a seguridade viaria, reducindo a velocidade media nas zonas urbanas e facendo de Lugo unha cidade máis segura e amable para todas as persoas”. Segundo Rubén Arroxo “actuacións como esta permítennos dar un paso adiante na sensibilización da veciñanza, apostando pola educación viaria como elementos básico para mellorar a convivencia entre vehículos e peóns”.

A colocación destes radares pedagóxicos continuará nas vindeiras na contorna dos conservatorios, "aumentando a seguridade en dúas zonas da cidade que contan cunha gran densidade de tráfico". Estes dispositivos, que non teñen capacidade de denunciar aos conductores, cumpren cunha función educativa e informativa. Os dispositivos amosan en tempo real a velocidade de cada vehículo, e lanzan mensaxes co obxectivo de fomentar unha conducción máis segura.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre os radares pedagóxicos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-instala-radares-pedagoxicos-para-concienciar-vecinanza-sobre-importancia

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20251010_ruben_arroxo_radares_pedagoxicos.mp3