Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo inicia o procedemento para adquirir 7.000 novas tarxetas cidadás

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo inicia o procedemento para adquirir 7.000 novas tarxetas cidadás

Rubén Arroxo: “animamos á veciñanza a obter a tarxeta cidadá e usar o bus urbano nos seus desprazamentos”

A tarxeta cidadá permite aforrar ata o 50% no prezo do bus urbano, un dos máis baratos do estado, e desfrutar de transbordo gratuíto

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Buses urbanos,
    • Transporte
Mércores, 30 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo inicia o procedemento para adquirir 7.000 novas tarxetas cidadás

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Concello de Lugo iniciou o procedemento para adquirir 7.000 novas tarxetas cidadás. Arroxo explicou que “comezamos o procedemento para garantir que sempre haxa existencias de tarxetas cidadás, e facilitar que a veciñanza poida desfrutar de todas as vantaxes que supón a tarxeta á hora de desprazarse en bus urbano”.

"Lugo ten o transporte máis barato das cidades galegas e o terceiro máis barato das capitais de provincia do estado”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “coa Tarxeta Cidadá, o prezo do bus urbano redúcese ata nun 50%”. O Tenente Alcalde anunciou que “máis de 30.000 persoas teñen xa a súa tarxeta cidadá e desfrutan de todas as vantaxes que supón este sistema”.

Pagando con tarxeta cidadá, o prezo do billete ordinario pasa de 0.64€ a 0.45€, no caso de non ter dereito a bonificacións, ou a só 0.31€ no caso de persoas pensionistas, desempregadas, estudantes ou persoas con mobilidade reducida, con transbordos gratuítos en todas as situacións. Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre as tarxetas cidadás | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-do-concello-de-lugo-inicia-o-procedemento-para-adquirir-7000-novas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/230830_ruben_arroxo_tarxeta_cidada.mp3