Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía e a Casa Grande de Xanceda homenaxean ao rural galego na praza Maior de Lugo

A Tenencia de Alcaldía e a Casa Grande de Xanceda homenaxean ao rural galego na praza Maior de Lugo

A Tenencia de Alcaldía e a Casa Grande de Xanceda homenaxean ao rural galego na praza Maior de Lugo.

O escultor en madeira Yosi Fervenza rematou en Lugo a imaxe dunha vaca e un carballo, coa que Xanceda e o Concello de Lugo realizan "un monuUumento ao rural".

A imaxe poderá visitarse durante unha semana na praza Maior.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Urbanismo
Mércores, 31 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía e a Casa Grande de Xanceda homenaxean ao rural galego na praza Maior de Lugo

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo colabora coa Casa Grande de Xanceda na homenaxe ao rural galego organizada baixo o nome "un monuUumento ao rural". Durante a xornada de hoxe, a Casa Grande de Xanceda colocou un posto informativo na praza Maior, onde se puideron degustar os seus productos, e o artista Yosi Fervenza, gañador de diversas competicións de talla en madeira, rematou a talla dunha vaca e un carballo na propia praza. O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participaron na apertura do acto, onde destacaron "a importancia do rural para a vida de todas as galegas e galegos". O acto tamén coa presencia do Xerente da Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez Ruiz.

A imaxe adicada por Xanceda e a Tenencia de Alcaldía compóñena unha vaca e un carballo, dous elementos que representan a esencia do rural galego. O encargado de esculpir a estatua é o artista galego Yosi Fervenza. Fervenza é un afamado artista de exhibición e corte en tronco con motoserra, técnica que usou para A Vaca e o Carballo. A madeira utilizada é dunha árbore autóctona impoñente, derrubada por un temporal na propia Casa Grande de Xanceda.

Esta iniciativa pretende igualar os monumentos adicados ás cidades, como o Oso e o Madroño ou a Catedral de Santiago, mais co rural galego, concienciando tamén sobre a importancia dos gandeiros e os agricultores para a sociedade e da necesidade de apoiar o rural galego para evitar abandono, monocultivos e incendios.

O Tenente de Alcaldesa destacou a importancia da agricultura ecolóxica e da transformación das materias primas como "un gran potencial económico para Galiza", e afirmou que "xerar valor engadido con permite a pequenas explotacións gandeiras converterse en referentes do comercio de proximidade". Segundo Rubén Arroxo, a actividade agrogandeira é un fornecedor de alimentos e de defensa da natureza, medio ambiente, biodiversidade animal e vexetal, e garantes do territorio e da paisaxe.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a Casa Grande de Xanceda | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-do-concello-de-lugo-e-casa-grande-de-xanceda-organizan-un-monuuumento-ao

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240731_ruben_arroxo_xanceda.mp3