A Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar os espazos públicos de Lugo con novos asfaltados en Rof Codina e Río Eo
Rubén Arroxo: "Seguimos traballando para garantir a seguridade viaria traballando nun firme axeitado nas distintas zonas de Lugo e avanzando no calmado do tráfico".
Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Alexandre Penas, visitou os traballos executados en Río Eo.
- Tema
- Infraestruturas,
- Obras en execución,
- Urbanismo

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado por Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, visitou a rúa Río Eo onde a Tenencia de Alcaldía está a renovar o asfalto, unha actuación que permite "mante ren bo estado unha rúa que precisaba dunha actuación integral, garantindo a seguridade viaria e mellorando o estado da cidade", explicou Arroxo.
Xunto con Río Eo, estase a traballar tamén na rúa Rof Codina. En ambas rúas crearase unha nova capa de rodadura baseada en mestura en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros e renovarase a totalidade da sinalización horizontal.
Arroxo lembrou que desde a Tenencia de Alcaldía "seguimos traballando para mellorar os espazos públicos, planificando os traballos en base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza", e afirmou que "executamos a solución técnica máis axeitada a cada un dos espazos nos que intervimos, garantindo un resultado de calidade e duradeiro". Con esta intervención, a Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar os barrios da cidade, aumentando a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna.
Audio
- O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sobre os asfaltados | Descargar mp3 [1]
