Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora da rede de alumeado público municipal mellorando a imaxe das farolas da cidade

A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora da rede de alumeado público municipal mellorando a imaxe das farolas da cidade

Alexandre Penas: "Trátase dunha actuación de mantemento que realizamos periodicamente e que mellora enormemente a imaxe dun elemento que se pode atopar por todas as rúas de Lugo".

Durante os últimos anos, o Goberno de Lugo renovou gran parte da rede de alumeado público de Lugo, "apostando polas luminarias LED que reducen o consumo eléctrico".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Domingo, 23 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora da rede de alumeado público municipal mellorando a imaxe das farolas da cidade

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións para mellorar a imaxe da rede de alumeado público de Lugo. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas, explicou que "estamos a traballar no repintado das farolas, unha actuación que permitirá garantir a boa imaxe destes elementos no casco histórico, onde ademais cumplen un importante papel na decoración da vía pública".

Alexandre Penas lembrou que "desde a nosa chegada ao goberno fixemos un importante investimento na mellora do alumeado público", e engadiu "nos últimos tres anos investíronse máis de 3 millóns de euros na renovación da rede de alumeado, implantando luminarias LED de baixo consumo, e reducindo as zonas escuras".

"Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e dos accesos aos mesmos, aumentando a calidade de vida das veciñas e veciños", explicou Rubén Arroxo, que lembrou que a área de Mobilidade e Infraestruturas planifica as intervencións de mellora dos espazos públicos segundo as peticións e solicitudes veciñais e cun importante traballo de visitas aos barrios.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-continua-coa-mellora-da-rede-de-alumeado-publico-municipal-mellorando