Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía completa a renovación do pintado da Avenida de Madrid

A Tenencia de Alcaldía completa a renovación do pintado da Avenida de Madrid

Rubén Arroxo lembrou que o Goberno de Lugo inviste 100.000€ anuais no mantemento "dunha sinalización imprescindible para garantir a seguridade vial"

A área de Mobilidade e Infraestruturas plantea os traballos de renovación de sinalización nos meses de verán "garantindo a calidade do pintado ao haber boas condicións meteorolóxicas"

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas
Xoves, 22 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía completa a renovación do pintado da Avenida de Madrid

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron a Avenida de Madrid, onde nos últimos días se procedeu á renovación integral da sinalización horizontal da zona. Arroxo destacou que esta intervención permite "mellorar a visibilidade na rúa, tanto para peóns como para os vehículos, o que implica maior seguridade viaria"

Arroxo lembrou que a área de Mobilidade conta cun contrato para o mantemento da sinalización horizontal en zonas urbanas, "cun investimento de 100.000 euros e unha duración inicial dun ano, prorrogable ata dous anos máis", explicou. O contrato inclúe o repintado de marcas viarias como pasos de peóns e outras sinalizacións horizontais, ten como obxectivo, segundo explicou o Tenente Alcalde, "mellorar a visibilidade e a seguridade viaria en toda a cidade".

A Tenencia de Alcaldía planifica a realización destas intervencións nos meses de verán, aproveitando as condicións climáticas favorables desta época do ano, xa que o bo tempo é esencial para garantir a calidade do pintado.  Rubén Arroxo destacou o compromiso da Tenencia de Alcaldía coa mellora da sinalización horizontal na cidade, mellorando o formato do pintado para aumentar a seguridade de peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida, reducindo resbalóns nos pasos de peóns e aumentando a seguridade.

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre a renovación do pintado da Avenida de Madrid | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-completa-renovacion-do-pintado-da-avenida-de-madrid

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/2025-05-22_ruben_arroxo_pintura_av_madrid.mp3