Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía colabora co III festival das escolas de danza de Lugo

A Tenencia de Alcaldía colabora co III festival das escolas de danza de Lugo

Maite Ferreiro: "continuamos a traballar na difusión da danza e das artes do movemento cunha nova colaboración coas escolas lucenses".

As distintas escolas realizarán mostras na rúa entre o 23 de abril e o 10 de maio.

O auditorio municipal Gustavo Freire acollerá un espectáculo de fusión de distintos estilos o vindeiro 28 de abril.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Luns, 21 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía colabora co III festival das escolas de danza de Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a terceira edición do festival de danza organizado polas escolas de Lugo "primavera e danza", que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo a través da área de Cultura. "Renovamos o noso apoio coas escolas de Lugo para continuar a difundir a danza e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións", explicou Maite Ferreiro, que estivo acompañada por integrantes das distintas escolas de danza lucenses na presentación.

O festival celebrarase entre o 23 de abril e o 10 de maio, coas distintas escolas realizando exhibicións no fondo da praza Maior, e rematará o 6 de maio cun un espectáculo de fusión de distintos estilos que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20:00.

Ferreiro afirmou que con esta iniciativa a Tenencia de Alcaldía continúa a apoiar á danza "aumentando a nosa aposta, despois de contar cunha programación estable de danza ao longo de todo o ano".

Datas danza na rúa (fondo da praza Maior, en caso de choiva, soto da Praza de Abastos):

  • Oxeito, 23 de abril 18:30
  • Magie Dance, 26 de abril 16:30
  • Gravitty, 27 abril 16:30
  • Victoria Gil, 7 de maio 17:30
  • Star Dance, 9 de maio 17:00
  • Escola Palimoco Teatro e Danza - 10 de maio 12:00

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as actividades de danza | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-colabora-co-iii-festival-das-escolas-de-danza-de-lugo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250421_maite_ferreiro_actividades_danza.mp3