Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención na zona da rúa Dinán

A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención na zona da rúa Dinán

Estanse a renovar das luminarias ubicadas nas rúas Hermanitas, Río Neira, Cidade de Vigo, Pedro González López, Dinán e Praza de Bretaña, o que supón un investimento de 192.740,90€.

Alexandre Penas: “seguimos traballando para que a totalidade da rede de alumeado público de Lugo sexa eficiente, reducindo o gasto en consumo eléctrico do concello”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Sábado, 16 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención na zona da rúa Dinán

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas visitou os traballos de renovación de alumeado público que se están a executar na contorna de San Roque. “Seguimos a traballar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente”, explicou Alexandre Penas.

O Goberno de Lugo está a renovar as luminarias das rúas Hermanitas, Río Neira, Cidade de Vigo, Pedro González López, Dinán e Praza de Bretaña que na actualidade empregan elementos contaminantes como Vapor de Sodio, e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. “Trátase de luminarias programables, que permitirán aumentar o aforro enerxético nas horas sen tránsito peonil nin de vehículos”, afirmou o concelleiro de Infraestruturas.

O consumo enerxético do alumeado desta zona reducirase en preto dun 37%, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. Penas lembrou que a concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo e aplicando a perspectiva de xénero.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, sobre o alumeado na rúa Dinán | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-avanza-na-renovacion-da-rede-de-alumeado-publico-cunha-nova-intervencion

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/230916_alexandre_penas_alumeado_dinan.mp3