Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía activa a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega

A Tenencia de Alcaldía activa a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega

Alexandre Penas: "seguimos atendendo aos barrios e zonas periurbanas garantindo o benestar de todas as veciñas e veciños de Lugo

A actuación saíu a licitación cun orzamento inicial de 87.298,12€

  • Tema
    • Infraestruturas
Mércores, 11 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía activa a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo vén de iniciar o procedemento para renovar o firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega. Penas destacou que "con esta actuación continuamos a traballar nas zonas urbanas e periurbanas de Lugo, garantindo o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade". Segundo o Tenente Alcalde, esta intervención permitirá "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipal".

O Goberno de Lugo actuará reconstruíndo o paquete de firme en todo o seu espesor, para evitar que os defectos da capa base podan chegar a afectar á capa de rodadura. Instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación.

Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros previamente existentes á nova cota da superficie e instalarase unha nova base para contedores. Finalmente, renovarase a sinalización vertical e horizontal. A Tenencia de Alcaldía inviste 87.298,12€ nesta actuación, que conta cun prazo de execución de 10 semanas unha vez a contratación sexa definitiva.

Audio

  • Alexandre Penas, sobre a renovación do firme | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-activa-renovacion-do-firme-das-ruas-celso-emilio-ferreiro-tino-prados-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/241112_alexandre_penas_asfaltados.mp3