Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Talent Lab Lugo, o laboratorio de formación cara a educación de futuro que organiza o Concello esta semana no Vello Cárcere

Talent Lab Lugo, o laboratorio de formación cara a educación de futuro que organiza o Concello esta semana no Vello Cárcere

Lara Méndez presentou esta cita, que serve para conectar a aprendizaxe coa vida real. Celebrarase este xoves e venres, 9 e 10 de maio

A programación, que arrincará o día 9 ás 16:00 horas inclúe conferencias, unha feira educativa, obradoiros e unha xornada de comunicación e boas prácticas

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación
Luns, 06 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Talent Lab Lugo, o laboratorio de formación cara a educación de futuro que organiza o Concello esta semana no Vello Cárcere

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por tres profesores e profesoras, deu a coñecer este luns, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as xornadas educativas Talent Lab Lugo: Descubre, Pontencia, Comparte, que se celebrarán o xoves 9 e o venres 10 de maio, no Vello Cárcere.

O Concello organiza este laboratorio de formación, que busca promover que nos colexios de Lugo, tanto do municipio como da provincia; traballen cara a educación do futuro, indo máis aló do coñecemento; buscando a comprensión, a creatividade e o desenvolvemento do talento persoal.

No acto de presentación, a Alcaldesa puxo o acento no Talent Lab Lugo como un recurso para conectar a aprendizaxe coa vida real, e de facelo ademais dun xeito relevante para a veciñanza. Con esta iniciatva, o Concello crea no Vello Cárcere unha contorna de aprendizaxe efectivo para profesorado e alumno, no que actualizar os roles de cada un.

Ademais, Lara Méndez, quen fixo un recoñecemento a todos aqueles profesores e profesoras cuxa vocación é de ensinar aos cativos e cativas, e que o queiran facer con novos plantexamentos, o que amosa a vontade de amoldarse aos novos tempos; definiu a esta cita, como "un laboratorio de formación de futuro, unha acción que volve poñer á cidade na vangarda". Talent Lab Lugo supón ademais unha oportunidade para que a a comunidade educativa poña en común estratexias e metodoloxías, coa finalidade de alcanzar métodos de ensinanza que permitan ao alumnado dispoñer de novas capacidades, habilidades e actitudes necesarias para afrontar o seu futuro.

A programación, que arrincará o día 9 ás 16:00 horas inclúe conferencias, unha feira educativa, obradoiros e unha xornada de comunicación e boas prácticas. Participarán os seguintes centros escolares: CPR Plurilingüe San José, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, CPI Ramón PIñeiro, CPR Plurilingüe A Milagrosa, CPR Plurilingüe Cevantes e CEIP de Bretoña.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o Talent Lab Lugo | Descargar mp3 [1]

Documento

  • Cartel do programa | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/talent-lab-lugo-o-laboratorio-de-formacion-cara-educacion-de-futuro-que-organiza-o-concello

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/060519_alcaldesa-talent_lab.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_programadefinitivo.pdf