Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Sete equipos de fútbol xogan pola interculturalidade no campo municipal de A Cheda

Sete equipos de fútbol xogan pola interculturalidade no campo municipal de A Cheda

  • Tema
    • Deportes,
    • Inclusión,
    • Emigración e inmigración
Mércores, 12 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Sete equipos de fútbol xogan pola interculturalidade no campo municipal de A Cheda

O Concello colabora co V Campionato Intercultural de fútbol 7 Copa da Amizade, que pretende fomentar a convivencia entre todos os veciños e veciñas, independentemente do seu lugar de nacemento

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, xunto cos representantes das asociacións Rioplatenses de Lugo, Ana Bereciartúa, e de Perú-Lugo, Gerber Martínez, deron inicio ao V Campionato Intercultural de fútbol 7 Copa da Amizade, que acolle ao longo do día de hoxe o campo municipal de fútbol A Cheda. Esta é a primeira vez que este campionato, que pretende fomentar a convivencia entre todos os veciños e veciñas, independentemente do seu lugar de nacemento, se fai coincidir coas festas do San Froilán.

Nesta ocasión participan sete equipos, doutros tantos países. Hai tamén representación de Rioplatenses (Arxentina e Uruguay), España, Colombia, Brasil, Perú, Marrocos e Israel.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/sete-equipos-de-futbol-xogan-pola-interculturalidade-no-campo-municipal-de-cheda