Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Seleccionados os gañadores do VII Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo

Seleccionados os gañadores do VII Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo

Martes, 29 de abril de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O xurado da VII edición do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo reuníuse na tarde de onte, luns 28 de abril, para seleccionar os debuxos gañadores deste certame destinado a todos os escolares e estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia.

Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presidiu o xurado, que estivo integrado polo Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, o Director da Escuela de Artes Ramón Falcón de Lugo, Manuel Lamas, unha representante da Fundación Mapfre de Seguridade Vial, Esther López, e a Coordinadora de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico, Sara Fuenteseca.

Nesta edición participaron 21 centros educativos de toda Galicia cun total de 490 debuxos presentados.

Os membros do xurado salientaron a extraordinaria calidade dos traballos presentados así como a capacidade que teñen os rapaces á hora de reflexionar, dende distintos puntos de vista, sobre a gravidade dos problemas que orixina o tráfico.

Os gañadores que resultaron seleccionados segundo as distintas categorías contempladas nas bases son:

Centro escolar con mayor participación:
CEIP. Rosalía de Castro - LUGO

Centro escolar con mayor calidad artística en general:
IES. Carlos Casares - VIGO (Pontevedra)

Categoría E (Educación Especial):
1º.-Mª Jesús Pena Gómez - Asociación Sindrome de Down - LUGO

2º.-Nazaret Barroso Cabaleiro - CEIP Juan Rey - LORENZANA (Lugo)

3º.-Gutier Varela López - Asociacion Aspnais - LUGO

Categoría D. (4º secundaría, 1º y 2º de bachiller):
1º.- Silvía Rodríguez Giráldez - CPI. Covaterreña - BAIONA (Pontevedra)

2º.-Vicente Mato Taboada - IES. Nº-1 - A ESTRADA (Pontevedra)

3º.-Stephanie Carneiro Muradás - CPI. Covaterreña - BAIONA (Pontevedra)

Categoría C. (1º,2º y 3º de secundaria):
1º.-José Mª Eiras Silva - IES. Nº-1 - A ESTRADA (Pontevedra)

2º.-Artai López Carrera - IES. Carlos Casares - VIGO (Pontevedra)

3º.-Iría Barroso Fernández - IES. Lagoa de Antela - XINZO DE LIMIA (Ourense)

Categoría B. (4º,5º y 6º de primaria):
1º.-Daniel Bras Estévez -CEIP. Nosa Sra do Carme-CALVOS DE RANDIN (Orense)

2º.-Pedro Blanco Valcárcel - CEIP. Rosalía de Castro - LUGO

3º.-Abraham Pena Vila - CPR. La Milagrosa - LUGO

Categoría A. (1º,2º y 3º de primaria):
1º.-Lucía Silvestre Dacal - CEIP. Nosa Sra. Do Carme - CALVOS DE RANDIN (Ourense)

2º.-Cristian Nóvoa González - CEIP. Nosa Sra. Do Carme - CALVOS DE RANDIN (Ourense)

3º.-Noelia Silvestre Dacal - CEIP. Nosa Sra. Do Carme - CALVOS DE RANDIN (Ourense)


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/seleccionados-os-ganadores-do-vii-concurso-de-debuxo-de-educacion-viaria-cidade-de-lugo