Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Seleccionados os adxudicatarios das casetas e os caldeiros do polbo no San Froilán

Seleccionados os adxudicatarios das casetas e os caldeiros do polbo no San Froilán

Das 4 ofertas rexistradas, José Antonio Pazo Baranda presentou a máis alta para as casetas 1 e 2 e os caldeiros 1 e 2; Ramiro López, para a caseta 3 e o caldeiro 3; e Torre de Núñez, para a caseta 4 e o caldeiro 4

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 27 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A comisión avaliadora do proceso de contratación aberto polo Concello para autorizar a instalación das catro casetas e os catro caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán deste ano e o vindeiro reuniuse na mañá deste venres no Edificio Administrativo municipal para abrir as catro ofertas presentadas –Ramiro López López, Torre de Núñez e José Antonio Pouso Baranda, en representación propia e na de Pulperías Aurora e Hijos- e seleccionar as economicamente máis altas:
- Caseta 1 e caldeiro 1: José Antonio Pazo Baranda (en representación propia)
- Caseta 2 e caldeiro 2: José Antonio Pazo Baranda (en representación propia)
- Caseta 3 e caldeiro 3: Ramiro López López
- Caseta 4 e caldeiro 4: Torre de Núñez

Os prezos de saída e todas as ofertas presentadas son os seguintes (En negriña, as ofertas máis altas, polo tanto, as seleccionadas)

CASETAS

 

Prezos de saída

Caseta 1

Caseta 2

Caseta 3

Caseta 4

18.772,79€

17.700,06€

16.627,33€

16.627,33€

 

Licitador

OFERTA

OFERTA

OFERTA

OFERTA

1.- Ramiro López López

 

 

18.630€

 

2.- Torre de Núñez

 

 

 

16.628€

3.- Juan Antonio Pazo Baranda (en representación propia)

24.100€

26.200€

 

 

4.- Juan Antonio Pazo Baranda (en representación de Pulperías Aurora e Hijos)

20.772,79

 

 

 

 

CALDEIROS

 

Prezos de saída

Caldeiro 1

Caldeiro 2

Caldeiro 3

Caldeiro 4

11.714,22€

11.044,84€

10.375,46€

10.375,46€

 

Licitador

OFERTA

OFERTA

OFERTA

OFERTA

1.- Ramiro López López

 

 

11.425€

 

2.- Torre de Núñez

 

 

 

10.376€

3.- Juan Antonio Pazo Baranda (en representación propia)

15.714,22€

16.044,84€

 

 

4.- Juan Antonio Pazo Baranda (en representación de Pulperías Aurora e Hijos)

13.714,22€

 

 

 

 

Requirimento de documentación

Tal e como establecen as bases que rexen este proceso, publicadas no Perfil do Contratante, na web www.lugo.gal [1], unha vez seleccionadas as ofertas economicamente máis vantaxosas, requiriráselles aos licitadores que presenten estas ofertas para que, dentro do prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte a aquel no que reciban o requirimento, presenten documentación acreditativa da personalidade e capacidade de obrar, de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, copia da alta no epígrafe correspondente do IAE, de ter constituída a garantía definitiva procedente (5% do importe anual ofertado para o caldeiro e/ou caseta, copia do seguro de responsabilidade civil e declaración responsable asinada polo licitador e un proxecto técnico das instalacións (distribución, fachadas, cubertas e deseño interior), asinado por persoal técnico competente, no que se reflictan as condicións para a xustificación e cumprimento da normativa de aplicación para este tipo de actividades.

De non atenderse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado –ou de non subsanarse os defectos ou omisións advertidos no prazo concedido-, entenderase que a ou o licitador retira a súa oferta, e non se concederá a autorización ao seu favor. Procederase, nese caso, a solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte pola orde na que quedaran clasificadas as ofertas.

Para este ano, a montaxe poderase iniciar o día 14 de setembro e comezar a actividade o 3 de outubro, manténdose en funcionamento ata o día 4 de novembro. Todos os postos deberán ter visibles os prezos, que quedan fixados do seguinte xeito:

-    250 gramos de pulpo, 12 euros
-    200 gramos de pan, 1,50 euros
-    200 gramos de cachelos, 1,50 euros
-    ¾ de litro de viño de mesa, 6 euros

As casetas poderán ofrecerlle ao público outros alimentos e bebidas complementarias que non estean reguladas no prego, debendo colocar, tanto no interior como no exterior da instalación, o cadro de prezos autorizado, con cantidade, peso e volume ofertado, visado polo Concello. Para o ano 2019 os prezos poden variar dependendo do prezo do mercado do produto nese momento.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/seleccionados-os-adxudicatarios-das-casetas-e-os-caldeiros-do-polbo-no-san-froilan

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal