Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Seleccionadas as mellores ofertas para a instalación de dúas casetas e dous caldeiros do polbo no San Froilán ata o ano 2019

Seleccionadas as mellores ofertas para a instalación de dúas casetas e dous caldeiros do polbo no San Froilán ata o ano 2019

Das 8 propostas rexistradas, Ramiro López presentou a máis alta para a caseta e o caldeiro nº3; Full Solutions Import SL, do Carballiño, para a caseta nº1; e José Miguel Álvarez Rodríguez para o caldeiro nº1

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Comercio,
    • Poxa de bens mobles e inmobles
Venres, 25 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A comisión avaliadora do proceso de contratación aberto polo Concello para adxudicar a instalación das dúas casetas e os dous caldeiros do polbo do San Froilán que quedaron vacantes para os anos 2017, 2018 e 2019 reuniuse na mañá deste venres no Edificio Administrativo do Concello para abrir as plicas, 8 en total, e seleccionar as ofertas economicamente máis altas. Ramiro López López fixo a proposta máis elevada para a caseta e o caldeiro número 3 (16.700€ e 10.400€, respectivamente), mentres que a mellor oferta para a caseta 1 foi a de Full Solutions Import SL, unha empresa con domicilio social no Carballiño adicada ao comercio ao por menor de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, con 36.120€, e para o caldeiro 1, a rexistrada a nome de José Miguel Álvarez Rodríguez, de 22.300€.

Tal e como establecen as bases que rexen este proceso, publicadas no Perfil do Contratante do Concello, na web www.lugo.gal [1], unha vez seleccionadas as ofertas economicamente máis vantaxosas, requiriráselles aos licitadores que presenten estas ofertas para que, dentro do prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte a aquel no que reciban o requirimento, presenten a documentación acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social, e de ter constituída a garantía definitiva que sexa procedente. No requirimento indicarase o importe da garantía que debe prestar (5% do importe anual ofertado). Deberán presentar igualmente a copia do seguro de responsabilidade civil esixido no apartado sexto das bases.

De non cubrirse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retira a súa oferta, e non se efectuará a adxudicación ao seu favor. Procederase, nese caso, a solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte pola orde na que quedaron clasificadas as ofertas.

O órgano competente efectuará a adxudicación dentro dos 5 días hábiles seguintes á recepción da documentación. Unha vez acordada a adxudicación, notificaráselles aos licitadores e, simultaneamente, publicarase no Perfil do Contratante.

Para o ano 2017, poderán iniciar a montaxe o día 11 de setembro e comezar a actividade o día 29 de setembro, e manterse en funcionamento ata o día 1 de novembro.

Os prezos de saída e todas as ofertas presentadas aos caldeiros e casetas número 1 e 3 son os seguintes:

 

Prezos de saída

Caseta 1

Caseta 3

Caldeiro 1

Caldeiro 3

18.772,79€

16.627,33€

11.714,22€

10.375,46€

 

Licitador

OFERTA

OFERTA

OFERTA

OFERTA

1.- Ramiro López López

 

16.700€

 

10.400€

2.- Pulperías Aurora e Hijos SL

23.250€

 

13.900€

 

3.- José Miguel Álvarez Rodríguez

31.121€

 

22.300€

 

4.- Juan Antonio Pazo Baranda

26.500€

 

19.670€

 

5 Full Solutions Importe SL

36.120€

 

21.900€

 

6.- Aurora Baranda González

29.800€

 

20.001€

 

7.- Mª Jesús García Fernández

33.759€

 

22.053€

 

8.- Ramudo Import SL

19.001,11€

 

11.888,88€

 

 

Programa das festas

Por outra banda, a Mesa de Contratación reunida tamén esta mañá para abrir as plicas e seleccionar a mellor oferta presentada para a edición e distribución do programa oficial do San Froilán 2017 e a explotación da publicidade comercial, propuxo adxudicar o contrato a Editorial MIC, a única proposta presentada, segundo a que aboará ao Concello 2.600 euros pola explotación publicitaria. O importe mínimo establecido nos pregos é de 2.000 euros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/seleccionadas-mellores-ofertas-para-instalacion-de-duas-casetas-e-dous-caldeiros-do-polbo-no

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal/