Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Segue aberta á participación cidadá a elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade

Segue aberta á participación cidadá a elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade

Os lucenses poden definir os retos, problemas, prioridades e liñas de actuación a contemplar no proxecto que concorrerá ao programa de Desenvolvemento Urbanos Sostible Integrado a través dunha enquisa colgada en www.lugo.gal [1]

O Concello presentará a candidatura antes do 13 de xaneiro, tras aprobala na Xunta de Goberno

  • Tema
    • Economía,
    • Participación
Luns, 28 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo mantén aberta á participación cidadá a elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade a través da convocatoria do programa de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (DUSI), financiado polos FEDER. O obxectivo desta convocatoria é aproveitar os recursos históricos e medioambientais da cidade para impulsar o seu desenvolvemento e proxección.

Co fin de que os cidadáns e cidadás participen na definición dos retos, problemas, prioridades e liñas de actuación a contemplar no proxecto que concorrerá aos fondos europeos, e de que o poidan facer dunha maneira rápida e sinxela, o Concello colgou unha enquisa na súa páxina web –www.lugo.gal [1]-, que dende hoxe mesmo poden cubrir e enviar vía on line, ata o vindeiro xoves, 31 de decembro.

Un equipo de traballo, xa constituído, elabora dende hai semanas a candidatura que o Concello presentará ao DUSI. Farao antes do 13 de xaneiro, tras aprobala na Xunta de Goberno local, sen necesidade de que pase polo Pleno.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/segue-aberta-participacion-cidada-elaboracion-dunha-candidatura-para-conseguir-novos-fondos

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal