Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Salva Arco e Máximus acenden, en Lugo, o alumeado de Nadal da cidade

Salva Arco e Máximus acenden, en Lugo, o alumeado de Nadal da cidade

O alumeado de Nadal conta con 800 elementos e máis de 1 millón de microleds.

Maite Ferreiro animou á veciñanza a desfrutar da cidade e das distintas actividades programadas polo Concello de Lugo.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Xoves, 05 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Salva Arco e Máximus acenden, en Lugo, o alumeado de Nadal da cidade

Salva Arco (Dtor Xeral Breogán) e Máximus (mascota do equipo breoganista), foron os encargados de acender o alumeado ornamental de Nadal, dando comezo á tempada festiva no Concello de Lugo. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, dirixiuse a todas e todos os lucenses e animounos a desfrutar das festas e da cidada e das distintas actividades programadas para as festas nas rúas de Lugo. No acto estiveron presentes, ademáis da Concelleira de Cultura, o Tenente de Alcadesa, Rubén Arroxo, e integrantes de todas as forzas representadas na corporación.

O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 6 de xaneiro de 2025, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos. Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 197 arcos luminosos e 36 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse máis de 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará ubicada sobre unha plataforma de 8x8 metros. A Iluminación deste nadal contará cun mínimo de 3 figuras para poder utilizalas como photocall na pza Maior e terán 15.000 puntos de luz.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, sobre o acendido das Luces | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/salva-arco-e-maximus-acenden-en-lugo-o-alumeado-de-nadal-da-cidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/2024-12-05_encendido_luces_maite_ferreiro.mp3