Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo visitou San Eufrasio, onde se vén de instalar a luminaria da nova rotonda

Rubén Arroxo visitou San Eufrasio, onde se vén de instalar a luminaria da nova rotonda

Arroxo: “coa creación desta rotonda eliminamos un dos puntos negros máis importantes da cidade”

Na mañá de hoxe instalouse a nova luminaria, o que completa as actuacións previstas na zona

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Venres, 03 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo visitou San Eufrasio, onde se vén de instalar a luminaria da nova rotonda

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a rotonda de San Eufrasio, onde hoxe se procedeu á montaxe da luminaria central da nova rotonda. Arroxo, que realizou a visita acompañado de técnicos da obra, afirmou que "desde o remate da construcción da rotonda podemos ver a clara mellora na fluidez do tráfico nesta zona, onde se acabou co que era ata o de agora un dos puntos negros máis importantes de Lugo".

Arroxo afirmou que "a construcción desta rotonda é un dos proxectos máis importantes que levamos a cabo desde a área de Mobilidade, dentro dos obxectivos de aumentar a seguridade viaria e garantir unha mellor mobilidade en Lugo". A luminaria instalada utiliza LEDs de baixo consumo, “continuando coa utilización de elementos amables co medio ambiente ao mesmo tempo que se modera a enerxía eléctrica consumida pola rede de alumeado público”.

A rotonda eliminou os distintos xiros á esquerda que se tiñan que realizar co modelo anterior, e aumentou a distancia de visibilidade, que co sistema anterior era inferior á distancia do propio cruce, o que en conxunto está a mostrar unha importante mellora para a seguridade viaria da contorna.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a rotonda de San Eufrasio | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-visitou-san-eufrasio-onde-se-ven-de-instalar-luminaria-da-nova-rotonda

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/210903_ruben_arroxo_rotonda_san_eufrasio.mp3