Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo, visitou o Parque Infantil de Tráfico acompañado do Concelleiro de Educación, Felipe Rivas

Rubén Arroxo, visitou o Parque Infantil de Tráfico acompañado do Concelleiro de Educación, Felipe Rivas

Durante este mes de xullo celébranse os cursos nos que participan máis dun cento de nenas e nenos entre os 8 e 11 anos

Os Cursos están organizados polo Concello coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico

  • Tema
    • Educación,
    • Seguridade,
    • Transporte,
    • Tráfico
Mércores, 10 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo, visitou o Parque Infantil de Tráfico acompañado do Concelleiro de Educación, Felipe Rivas

Rubén Arroxo, visitou o Parque Infantil de Tráfico acompañado do Concelleiro de Educación, Felipe Rivas, e do Director do parque, José Luis Machado. Durante este mes de xullo tñene lugar os cursos de verán nos que participan dun cento de nenos e nenas en quendas de mañá e tarde. Os cursos son impartidos polo monitor Jesús Losada e polo director do P.I.T., José Luis Machado e teñen unha parte teórica e outra parte práctica.

Os cursos son semanais e impártense, no horario de mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas, e polas tardes, entre as 17:30 e as 20:00 horas. As nenas e nenos acuden ás instalacións do  Parque Infantil de Tráfico no Parque da Milagrosa. Na parte prácticas as nenas e nenos practican en bicicleta e kart. Tamén haberá unha quenda especial para ciclomotor. Serán un total de 105 participantes, divididos en 7 quendas e as idades van dende os 8 aos 16 anos.

A programación destes cursos está amplamente consolidada no calendario das familias de Lugo, está organizada polo Concello coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, co obxectivo de que os nenos e nenas adquiran condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias tanto do transporte público como privado.

Audio

  • Rubén Arroxo sobre os cursos de verán | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-visitou-o-parque-infantil-de-trafico-acompanado-do-concelleiro-de-educacion

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/190710_feliperivas_cursosconducion.mp3