Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo visitou o inicio das obras de iluminación da avenida Filharmónica Lucense

Rubén Arroxo visitou o inicio das obras de iluminación da avenida Filharmónica Lucense

Instalaranse farolas LED, que permitirán aforrar un 60% en comparación coa iluminación convencional

Ampliarase o cadro de alumeado existente até o de agora

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Venres, 15 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo visitou o inicio das obras de iluminación da avenida Filharmónica Lucense

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou no día de hoxe xunto ao concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, o inicio das obras da avenida Filharmónica Lucense, onde se está a colocar iluminación dende as pistas de atletismo até a piscina municipal.

Dende a concellería de infraestruturas investiranse un total de 31.157,85€, que se destinarán á instalación de 8 luminarias LED de 63W que, segundo Rubén Arroxo, “consumen aproximadamente un 60% menos que a iluminación convencional”. O concelleiro nacionalista indicou que “se partirá do cadro de alumeado existente, que se ampliará segundo sexa preciso, ademais, realizaranse as canalizacións que sexan necesarias” e lembrou que “esta actuación leva tempo a ser solicitada polas usuarias das instalacións da contorna”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-visitou-o-inicio-das-obras-de-iluminacion-da-avenida-filharmonica-lucense