Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo reúnese coa ONCE para “mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual”

Rubén Arroxo reúnese coa ONCE para “mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual”

O Tenente de Alcalde afirmou que “abrimos unha nova vía de colaboración para reducir as dificultades ás que se enfronta a veciñanza a diario”

Da área de Mobilidade dependen servizos como o transporte urbano, mantemento dos sinais acústicos na rede semafórica e beirarrúas

  • Tema
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Conciliación,
    • Accesibilidade
Xoves, 04 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo reúnese coa ONCE para “mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual”

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza xunto con persoal técnico da ONCE e a súa delegada en Lugo para, segundo explicou Rubén Arroxo, “mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual en cuestións como o transporte urbano ou a rede semafórica”.

A área de Mobilidade e Infraestruturas, dirixida por Rubén Arroxo, é a encargada de servizos importantes para toda a veciñanza, e especialmente no caso de persoas discapacidade visual, como son os sinais acústicos da rede semafórica ou o mantemento das beirarrúas, “nos últimos meses levamos a cabo unha actuación importante neste eido, adaptando os rebaixes de varios pasos de peóns para mellorar a accesibilidade”, lembrou Arroxo.

O Tenente de Alcalde afirmou que “con esta xuntanza abrimos desde a área de Mobilidade e Infraestruturas unha nova vía de colaboración de cara a conseguir unha cidade máis amable coas persoas”, e engadiu que “desde a área de Mobilidade e Infraestruturas proxectamos as actuacións tratando de garantir que toda a veciñanza poida desfrutar dos espazos públicos”.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza co persoal técnico da ONCE | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-reunese-coa-once-para-mellorar-accesibilidade-das-persoas-con-discapacidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210304_ruben_arroxo_xuntanza_once.mp3