Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo recibe no Concello a un grupo de estudantes e profesores de Erasmus procedentes de Francia

Rubén Arroxo recibe no Concello a un grupo de estudantes e profesores de Erasmus procedentes de Francia

Un grupo de preto de 30 alumnos e profesores visitaron hoxe o Concello de Lugo.

Arroxo agradeceu que escolleran Lugo para continuar coa súa formación.

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública,
    • Formación
Martes, 26 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo recibe no Concello a un grupo de estudantes e profesores de Erasmus procedentes de Francia

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo recibiu no concello a un grupo de estudantes e profesores procedentes de Francia que están a realizar un intercambio no IES Muralla Romana de Lugo a través do programa Erasmus. Arroxo agradeceu ao grupo "que escolleran Lugo para continuar os seus estudos".

O Tenente de Alcaldesa deu a benvida aos estudantes de Erasmus e animounos a visitar Lugo máis adiante, e destacou que "Lugo conta cunha gran riqueza patrmonial, etnográfica, cultural e gastronómica, que nos converten nun sitio ideal para visitar sen sufrir as grandes masificacións de outras zonas turísticas", e engadiu "as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía traballamos para destacar o potencial de Lugo e converternos nunha cidade referencial á hora de visitar Galiza".

Arroxo mantivo un encontro co grupo e compartiu con estudantes e profesores a historia da cidade e do Concello, ademais de amosar os restos romanos que se poden ver nas dependencias municipais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-recibe-no-concello-un-grupo-de-estudantes-e-profesores-de-erasmus-procedentes-de