Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo presenta a segunda edición do festival de arte urbano CULTURBAN, que comezará cun combate mural o 21 de agosto

Rubén Arroxo presenta a segunda edición do festival de arte urbano CULTURBAN, que comezará cun combate mural o 21 de agosto

Rubén Arroxo: "Culturban é unha mostra de arte na rúa que propón redescubrir a contorna urbana a través de distintas intervencións artísticas”.

As inscripcións ao combate mural estarán abertas ata o 13 de agosto, e os artistas seleccionados comunicaranse o 17.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Xoves, 15 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo presenta a segunda edición do festival de arte urbano CULTURBAN, que comezará cun combate mural o 21 de agosto

O Tenente Alcaldesa, Rubén Arroxo xunto co artista local Iago Eireos, representando ao espazo LUPA Arte presentaron a segunda edición do festival de arte Culturban, unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna urbana a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. "Retomamos por segundo ano esta proposta que nos permitiu durante os últimos meses desfrutar de varias intervencións artísticas por toda a cidade, mellorando a imaxe de  moitas rúas de Lugo", explicou Rubén Arroxo.

A segunda edición do Culturban comezará co II combate de pintura mural, que se celebrará o vindeiro 21 de agosto, onde participarán 10 muralistas que se seleccionarán segundo a súa traxectoria artística

As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 13 de agosto, e as e os artistas interesados en participar deberán achegar un currículo e un dossier cos seus proxectos e traballos máis relevantes.

O 17 de agosto comunicaranse os artistas seleccionados para participar no II combate de pintura mural, que terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 21, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300€.

Máis info

  • Bases - II Combate de Pintura Mural | Descargar pdf [1]

Audio

  • O Tenente Alcaldesa, Rubén Arroxo, sobre o II Combate de Pintura Mural | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-presenta-segunda-edicion-do-festival-de-arte-urbano-culturban-que-comezara-cun

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_combate_mural_2021.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210715_ruben_arroxo_combate_mural.mp3