Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo presenta con integrantes da galería de arte Solaina o ciclo de performances artísticas MEXER

Rubén Arroxo presenta con integrantes da galería de arte Solaina o ciclo de performances artísticas MEXER

O MIHL acollerá un total de 6 performances artísticas o 21 e o 22 de agosto

Rubén Arroxo: “achegamos ao MIHL unha proposta artística e cultural novidosa, dentro dun xénero que está a ter unha gran acollida por parte de moitas artistas galegas”

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos
Luns, 09 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo presenta con integrantes da galería de arte Solaina o ciclo de performances artísticas MEXER

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo presentou xunto coas integrantes da galería de arte Solaina o ciclo de arte vivo MEXER, que achegará ao MIHL 6 performances artísticas durante o 21 e o 22 de agosto. Rubén Arroxo explicou que “a performance é un xénero dentro da cultura que está a ter unha gran acollida por parte de moitas artistas galegas, e actualmente está a ter un papel importante e fundamental na arte de vangarda”.

Durante a fin de semana do 21 e 22 de agosto, 6 artistas desenvolverán a súa proposta nos distintos espazos do MIHL. Contarase coa participación do Colectivo LAG, Rosalía Fernández Rial, Lois Búa, Daniel Irimia, Yuuts Rjoy e Ánxela Prado. “Achegamos deste xeito unha proposta artística e cultural novidosa que ten un bo encaixe nun espazo tan singular como o MIHL”, declarou Arroxo.

O ciclo de performances MEXER está organizado pola galería de arte Solaina, e conta coa colaboración da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. A entrada ás distintas performances será libre ata completar a cabida de cada unha das ubicacións.

Audio

  • O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, sobre as performances no MIHL | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-presenta-con-integrantes-da-galeria-de-arte-solaina-o-ciclo-de-performances

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210809_ruben_arroxo_performances_mihl.mp3