Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo participa na #SemanaDeConexiones organizada por Adace

Rubén Arroxo participa na #SemanaDeConexiones organizada por Adace

O Tenente Alcalde participou nunha videoconferencia con integrantes da asociación

Rubén Arroxo mostrou o interior do concello e os cadros procedentes da Mostra de Pintura Rápida

  • Tema
    • Benestar social,
    • Formación,
    • Novas tecnoloxías,
    • Sanidade
Xoves, 28 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo participa na #SemanaDeConexiones organizada por Adace

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, participou onte nunha videoconferencia con integrantes de ADACE. Na xuntanza, o Tenente Alcalde explicou o funcionamento do concello e explicou as medidas postas en marcha por parte das áreas da Tenencia de Alcaldía para facilitar o día a día das persoas con dano cerebral.

O Tenente Alcalde recolleu as solicitudes das integrantes de ADACE para mellorar os espazos públicos, e explicou que “desde as distintas áreas de goberno temos un compromiso para facilitar a accesibilidade de toda a veciñanza, e seguimos traballando día a día para eliminar barreiras e que toda a veciñanza se poida desenvolver na cidade”.

Rubén Arroxo realizou unha visita virtual ás instalacións do Concello da praza Maior. Arroxo mostrou as estancias do Concello como o Salón de Plenos ou as instalacións da área de Cultura, onde puideron desfrutar dos cadros procedentes do Certame de Pintura Rápida que anualmente organiza o Concello de Lugo.

Audio

  • O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza da ADACE | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-participa-na-semanadeconexiones-organizada-por-adace

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/211028_ruben_arroxo_xuntanza_adace.mp3