Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo: “o vindeiro luns os vehículos poderán circular con normalidade por San Eufrasio”

Rubén Arroxo: “o vindeiro luns os vehículos poderán circular con normalidade por San Eufrasio”

O Tenente Alcalde visitou a obra xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, e persoal municipal e da empresa constructora

Arroxo: “os traballos avanzan a bo ritmo”

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Tráfico,
    • Urbanismo
Martes, 25 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo: “o vindeiro luns os vehículos poderán circular con normalidade por San Eufrasio”

O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas e persoal técnico municipal visitaron os traballos que se están a levar a cabo en San Eufrasio, coa construcción da rotonda.

O Tenente Alcalde afirmou que “a construcción da rotonda de San Eufrasio continúa a bo ritmo”, e destacou que  “esta rotonda eliminará os distintos xiros á esquerda que se teñen que realizar actualmente, e aumentará a seguridade deste cruce, eliminando un dos puntos negros que hai actualmente na cidade”.

Arroxo anunciou que “o vindeiro luns, está previsto que o tráfico poida volver circular con normalidade por esta zona, mentres que se continúan a realizar traballos de sinalización e mellora da estética da zona”.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a rotonda de San Eufrasio | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-o-vindeiro-luns-os-vehiculos-poderan-circular-con-normalidade-por-san-eufrasio

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210525_ruben_arroxo_rotonda_de_san_eufrasio.mp3