Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo informa que a Tenencia de Alcaldía completou a renovación do asfalto da avenida da Coruña

Rubén Arroxo informa que a Tenencia de Alcaldía completou a renovación do asfalto da avenida da Coruña

Vén de realizarse unha importante actuación que mellorou o treito entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes, un dos máis desgastados deste vial.

Arroxo: "Seguimos atendendo ás reclamacións veciñais para garantir o bo estado dos viais públicos".

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras rematadas,
    • Urbanismo
Venres, 04 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo informa que a Tenencia de Alcaldía completou a renovación do asfalto da avenida da Coruña

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que vén de completarse a renovación do asfalto da Avenida da Coruña, no treito que discorre entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes. Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas".

O Tenente de Alcalde destacou "o bo ritmo desta obra" que rematou en tan só 4 xornadas. Os traballos executados consistiron na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovouse tamén a sinalización horizontal.

Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas", e destacou que o Goberno de Lugo e a empresa responsábel das obras traballaron de xeito coordinado para "intervir reducindo ao máximo as restriccións no tráfico".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-informa-que-tenencia-de-alcaldia-completou-renovacion-do-asfalto-da-avenida-da