Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan unha nova edición do ciclo Primavera é Danza

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan unha nova edición do ciclo Primavera é Danza

Maite Ferreiro: "Continuamos a traballar na difusión da danza e das artes do movemento colaborando coa cuarta edición desta programación elaborada polas escolas lucenses".

As distintas escolas realizarán mostras na rúa entre o 22 de abril e o 8 de maio.

O auditorio municipal Gustavo Freire acollerá un espectáculo de fusión de distintos estilos o vindeiro 29 de abril.

3 actividades celebrarán a Semana da Danza entre o 17 e o 25 de abril.

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Martes, 14 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan unha nova edición do ciclo Primavera é Danza

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a cuarta edición do festival de danza "Primavera é danza" organizado polas escolas de Lugo, que un ano máis conta colaboración da Tenencia de Alcaldía a través da área de Cultura. "Renovamos o noso apoio coas escolas de danza para continuar a difundir esta arte e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións", explicou Maite Ferreiro, que presentou a actividade cunha exhibición de danza a cargo do colectivo Glovo.

O festival celebrarase entre o 22 de abril e o 8 de maio, coas distintas escolas realizando exhibicións no fondo da praza Maior, e un ano máis haberá un gran un espectáculo de fusión de distintos estilos que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire o 29 de abril a partir das 20:00.

Ferreiro afirmou que con esta iniciativa a Tenencia de Alcaldía continúa a apoiar á danza "aumentando a nosa aposta, despois de contar cunha programación estable de danza ao longo de todo o ano".

Datas danza na rúa (fondo da praza Maior, en caso de choiva, soto da Praza de Abastos)

  • Oxeito, 22 de abril 17:00
  • Victoria Gil Danza & Escena, 23 de abril 18:30
  • Gravitty, 26 abril 16:30
  • Magie Dance, 6 de maio ás 17:00
  • Star Dance, 8 de maio 17:00

Semana da Danza

Ferreiro deu conta tamén das actividades ortanizadas pola Tenencia de Alcaldía pola semana da danza. 3 exhibicións "que se unen á intensa programación das escolas de Lugo", explicou a edil. A programación comezará o 17 abril cunha nova edición do "Encontro de danza da USC", que terá lugar no Auditorio Fuxan os Ventos a partir das 20.30h. Na xornada do 24 abril o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá o Concurso Coreográfico 2026 a partir das 20h. Por último, na xornada do 25 de abril celebrarase o XII Encontro de centros de danza 2026 a partir das 19.30h no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Todas as actividades serán gratuítas máis será preciso retirar entrada no portal entradaslugo.es [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-maite-ferreiro-presentan-unha-nova-edicion-do-ciclo-primavera-e-danza

Ligazóns:
[1] https://protect.checkpoint.com/v2/r02/___https:/atpscan.global.hornetsecurity.com?d=_M-yMs-0EUDzyAtIU8AsR3XPEaST6rionFtD0467k_Q&f=UPoCMn61H5UfjeCAkBh98kEGrqXZ3p08rKDU5jv_jhkk50R3xtIgIZCDrtrEcVKFv-WJSD6ER68B4T9ka-Ss-Q&i=&k=8u3S&m=9ampVwc2NvXHkO1dY_8pA5xyNRxj0-ed2spAjC2o6z32XCbzSB0LUDhgLd2w6910ses2w8TM4V1sN-fDkXWQE1A8-PZCSHb3IolhlRar1tzWY3xMM2IrUFuYScdk-U_i&n=zbNknmTq1W2bvVqihg8JH5OyDGAjYRQs5vEPyQU3RfSL9N7ugYxnRohRCajVGu43neL_XkPc5CfrjywS2dXCOXmzqdxMpLFczVIGNlfeE2A&r=6MppuNfksrh9UIMuhI0hThWYIFSJXRcm8TUr9N2aLY8&s=1d19b72421d8b4da7bd203458cbc6b63b0b33676b6035c958063759898024afd&u=https%3A%2F%2Fprotect.checkpoint.com%2Fv2%2Fr02%2F___http%3A%2Fentradaslugo.es%2F___.YzJlOnBsZXh1c3RlY2g6YzpvOmUyMmUyZDcwM2QwNzhkZjcyMDAyOWFjMmZkM2RhZThmOjc6MTk5MDo0ZGU1OTI2NGQ2M2Q5MzAxMTQyYWYyYWQ2YzFlZWNkZWI4MDBiNjU2MzY5MmM1NzBlZWQ4YTdiZWU1ZGQ1NDk3Omg6VDpG___.YzJlOnBsZXh1c3RlY2g6YzpvOjc3OTQ0N2E0MzhkY2JhNTUyYzMzY2M5ZWQ0NjlkYTE0Ojc6ZDQxMzphZjE0NjdkOGQzYThkMDFhNWJiNWIzYTU2ZGUyYmU4ZjY4NjFjMjI3OTE1NTJlOTg0NGYxZGRjMWIxY2Y4ZGUxOmg6VDpG