Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a Cabalgata de Reis do 2025

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a Cabalgata de Reis do 2025

O desfile leva por título 'Nómadas' e contará con 4 carrozas e 14 espectáculos teatrais itinerantes musicais con máis de 80 artistas

Rubén Arroxo: "A temática da cabalgata deste 2025 é a ecoloxía, a conservación do medioambiente, a importancia de manter a biodiversidade e loitar contra o cambio climático"

O Tenente Alcalde anunciou que a cabalgata volverá entrar ao centro a través da Porta de San Fernando

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Mércores, 18 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a Cabalgata de Reis do 2025

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, deron a coñecer os pormenores da Cabalgata de Reis deste vindeiro ano 2025. O desfile leva por título "Nómadas" e sairá do parque da Milagrosa ás 18 horas, con chegada aproximada á praza Maior ás 19:30. O desfile volverá entrar ao centro da cidade a través da porta de San Fernando, e desde a Tenencia de Alcaldía publicarase o percorrido definitivo nos vindeiros días, unha vez se analice o estado actual das obras de peonalización do centro da cidade.

O Tenente Alcalde destacou que a cabalgata de Reis é, xunto co San Froilán, un dos eventos que máis persoas mobilizan ao longo do ano, con entre 40 e 50 mil persoas na edición 2024.

Rubén Arroxo explicou que "a cabalgata deste 2025 está adicada a aquelas persoas reais ou de ficción que coma os Reis Magos fan da viaxe o seu modo de vida, grandes viaxes da historia e da literatura, grandes viaxeiros e expedicións, caravanas e nómadas de antes e de agora, a ilusión da viaxe e o descubrimento, da exploración do mundo, coñecer novos lugares e persoas e aprender delas, intercambiar culturas".

O desfile contará cas catro carrozas, as tres dos Reis e a dos agasallos. "Todas elas están ambientadas na temática da cabalgata, collendo ideas distintos lugares do planeta e de fóra da Terra", explicou Rubén Arroxo. A cabalgata contará con 14 espectáculos que inclúen a partipación de 80 actrices, actores e músicas. Submarinos, caravanas cirquenses, zeppelíns, grandes animais, músicas diversas e moito máis, unha espectacular posta en escena que acompañará ás súas maxestades no seu percorrido pola cidade. Durante o desfile, os paxes reais repartirán 1500 quilos de caramelos entre todas as nenas, nenos e maiores que se acheguen a saudalos.

Audios

  • Maite Ferreiro, sobre a Cabalgata de Reis do 2025 | Descargar mp3 [1]
  • Rubén Arroxo, sobre a Cabalgata de Reis do 2025 | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-maite-ferreiro-presentan-cabalgata-de-reis-do-2025

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/241218_maite_ferreiro_presentacion_cabalgata_2025.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/241218_ruben_arroxo_presentacion_cabalgata_2025.mp3