Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Iria Buide parabenizan ás libreiras e libreiros de Lugo no día do libro

Rubén Arroxo e Iria Buide parabenizan ás libreiras e libreiros de Lugo no día do libro

O Tenente de Alcalde destacou a importancia da literatura "como ferramenta de transmisión da nosa lingua".

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Mércores, 23 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Iria Buide parabenizan ás libreiras e libreiros de Lugo no día do libro

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, parabenizaron ás libreiras e libreiros de Lugo polas actividades organizadas no día do Libro.

Rubén Arroxo destacou a importancia da literatura “como ferramenta de transmisión da nosa lingua”, e lembrou o compromiso da Tenencia de Alcaldía coa promoción da cultura e do libro en galego. “contamos con diferentes iniciativas para fomentar a creación literaria en galego, lideradas polos premios Trapero Pardo e Ánxel Fole, máis tamén con iniciativas como o Enredando co Galego, que permite ás estudantes de instituto realizar unha experiencia de inmersión na lingua galega”, afirmou o Tenente de Alcalde.

Arroxo destacou que o compromiso da Tenencia de Alcaldía co sector do libro tamén se amosa coa organización da Feira do Libro, que se celebrará proximamente na Praza Maior e que reunirá a librarías de toda Galiza. Arroxo destacou que “a Feira do Libro é unha cita imprescindible para visibilizar a creación literaria galega e fortalecer o sector, cunha especial atención á nosa lingua”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-iria-buide-parabenizan-libreiras-e-libreiros-de-lugo-no-dia-do-libro