Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitan as instalacións de Nenea, en San Xoan do Alto

Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitan as instalacións de Nenea, en San Xoan do Alto

O Tenente Alcalde e o edil de Educación coñeceron de primeira man as bases deste proxecto educativo

Felipe Rivas: “abrimos unha nova vía para traballar da man cos proxectos educativos alternativos de Lugo”

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Infraestruturas
Mércores, 12 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitan as instalacións de Nenea, en San Xoan do Alto

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Educación, Felipe Rivas, visitaron as instalacións de Nenea, aprender creando en San Xoan do Alto. O Tenente Alcalde e o edil de Educación coñeceron de primeira man as bases deste proxecto educativo, baseado na conexión directa coa natureza e coa arte.

Felipe Rivas explicou que “desde o Goberno de Lugo queremos abrir unha nova vía e traballar da man con todos os proxectos educativos alternativos que teñen presenza en Lugo”, e engadiu “nesta visita puidemos escoitar as propostas e necesidades de Nenea, que nos servirán para desenvolver a planificación do traballo da concellería de Educación”.

Nenea, Aprender Creando

A escola Nenea estableceuse en Lugo no ano 2016, tomando o modelo das escolas bosque de Holanda e do Reino Unido. O proxecto educativo de Nenea baséase na creación de novos modelos de convivencia e de respecto profundo á vida en todas as súas manifestacións. Unha convivencia máis humana e empática, máis inclusiva, equitativa e amorosa.

Nenea propón unha educación integral de seres diversos e libres para decidir a través da coeducación como ferramenta transversal. Educar é “pensar existencias”, por iso, buscan favorecer a autorreflexión, a autonomía e o empoderamento, individual e social, máis aló dos roles e estereotipos de xénero que limitan e encorsetan.

Audio

  • O edil de Educación, Felipe Rivas, sobre a visita á  escola Nenea | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-felipe-rivas-visitan-instalacions-de-nenea-en-san-xoan-do-alto

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220111_felipe_rivas_visita_escola_nenea.mp3