Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Cristina López visitan as obras do soto da Praza de Abastos

Rubén Arroxo e Cristina López visitan as obras do soto da Praza de Abastos

O Tenente de Alcalde destacou “a renovación integral da contorna da Praza” que está a executar o Goberno Municipal desde as áreas de Infraestruturas e Participación

Arroxo: "agardamos que nas vindeiras semanas o soto da Praza esté completamente renovado”

  • Tema
    • Economía,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Mercados
Martes, 20 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López visitan as obras do soto da Praza de Abastos

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou xunto coa edil de Participación, Cristina López e persoal municipal, a Praza de Abastos, para comprobar o avance realizado na renovación dos espazos do soto. O Tenente de Alcalde explicou que “as obras avanzan a bo ritmo, e agardamos que nas vindeiras semanas as veciñas e veciños de Lugo poidan desfrutar da Praza de Abastos completamente renovada”.

A obra de rehabilitación do soto permitirá mellorar tanto o espazo adicado ao comercio como as zonas comúns, “que aínda que non son visitadas pola veciñanza, son moi importantes para as persoas que desenvolven a súa actividade comercial na Praza”, afirmou Rubén Arroxo. Coa nova distribución, as praceiras e praceiros poderán contar, entre outras melloras, con cámaras frigoríficas de maior tamaño ou de zonas comúns como vestiarios.

“As distintas accións que se están a executar no soto para mellorar o espazo e garantir a mellor calidade posíbel nesta instalación”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “damos tamén solución a unha solicitude das praceiras e praceiros moi importante, ademais de permitir un mellor aproveitamento dos espazos destinados á venta”.  “Desde as áreas de Infraestruturas e Participación estamos a traballar en mellorar a Praza de Abastos e a súa contorna, con proxectos como a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros e as distintas accións postas en marcha para promocionar e mellorar a Praza”, afirmou Rubén Arroxo.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, visita o soto da Praza de Abastos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-cristina-lopez-visitan-obras-do-soto-da-praza-de-abastos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210420_ruben_arroxo_visita_soto_praza_abastos.mp3