Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Cristina López visitan Labio, onde explicaron como funcionará o taxi a demanda ás veciñas e veciños

Rubén Arroxo e Cristina López visitan Labio, onde explicaron como funcionará o taxi a demanda ás veciñas e veciños

A Tenencia de Alcaldía continúa a traballar nun plan piloto nunha serie de núcleos de poboación para "converter a Lugo na segunda cidade con este servizo".

Arroxo: "O taxi a demanda funcionará de xeito similar a un bus urbano, atendendo baixo petición previa á veciñanza das parroquias nas que este servizo non pode chegar".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento local,
    • Accesibilidade,
    • Transporte,
    • Tráfico
Xoves, 20 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López visitan Labio, onde explicaron como funcionará o taxi a demanda ás veciñas e veciños

O tenente de Alcalde e edil de Mobilidade do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López reuniuse con veciñas e veciños de Labio, un dos núcleos onde a Tenencia de Alcaldía iniciará o plan piloto de taxi a demanda. Segundo explicou Arroxo, "Lugo pode ser a segunda cidade do estado en contar cun sistema que permita á veciñanza das parroquias sen servizo de bus solicitar un taxi para achegarse ata a cidade a custo reducido".

O tenente de Alcalde destacou que "poñeremos en marcha un servizo para que a veciñanza, baixo demanda, poida facer os seus desprazamentos, xa que o bus urbano non pode chegar ás 54 parroquias".

O transporte rural a demanda requirirá da posta en marcha dunha plataforma de control que permita ao Concello coñecer a demanda do servizo e os percorridos realizados por cada vehículo. O servizo funcionará de xeito similar ao bus urbano, conectando todas as parroquias con rutas predefinidas e mantendo o prezo do billete do bus urbano, sempre que a veciñanza dos núcleos rurais o solicite con antelación.

Arroxo concluíu que "sería insostible que o bus urbano dera servizo ás 54 parroquias do rural de Lugo, mais esta alternativa permitiría á veciñanza gozar de transporte público a un prezo asequible".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-cristina-lopez-visitan-labio-onde-explicaron-como-funcionara-o-taxi-demanda