Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Cristina López presentaron o obradoiro de perrucas oncolóxicas que terá lugar este sábado no Vello Cárcere

Rubén Arroxo e Cristina López presentaron o obradoiro de perrucas oncolóxicas que terá lugar este sábado no Vello Cárcere

A actividade, organizada pola especialista en próteses capilares Alma Pacín, contará coa influencer Blanca Torres (maquilladora profesional en Telecinco) e Juan José López, preparador físico.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Inclusión,
    • Sanidade
Luns, 21 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López presentaron o obradoiro de perrucas oncolóxicas que terá lugar este sábado no Vello Cárcere

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentaron a xornada para pacientes oncolóxicos que terá lugar este sábado 26 de abril, a partir das 18:00 horas no Vello Cárcere. Cristina López afirmou que esta xornada contará "cunha charla-obradoiro orientada a persoas que están a atravesar tratamentos oncolóxicos e desexan atopar ferramentas para afrontar a perda de cabelo, unha das consecuencias físicas e psicolóxicas máis relevantes destes tratamentos".

A iniciativa está impulsada por Alma Pacín, especialista en próteses capilares e perrucas para pacientes oncolóxicos. Pacín estará acompañada por Blanca Torres, maquilladora profesional de Telecinco e influencer, e Juan José López, preparador físico e paciente oncolóxico, que achegará o seu testemuño e consellos para o benestar integral na enfermidade.

A actividade combinará parte práctica con conversas inspiradoras. O obxectivo é ofrecer apoio e recursos para mellorar a autoestima e o benestar das persoas afectadas, dando visibilidade ás alternativas que teñen ao seu alcance e fomentando o acompañamento profesional e persoal neste proceso.

O evento conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo, e pretende achegar á sociedade a importancia de tratar non só os aspectos físicos da enfermidade, senón tamén o seu impacto emocional. A organizadora, Alma Pacín convidou "a toda a veciñanza a asistir á actividade" e agradeceu á Tenencia de Alcaldía "a colaboración para dar ferramentas ás persoas que están a pasar por esta doenza".

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre as perrucas oncolóxicas | Descargar mp3 [1]
  • A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre as perrucas oncolóxicas | Descargar mp3 [2]
  • Alma Pacín, especialista en próteses capilares e perrucas, sobre as perrucas oncolóxicas | Descargar mp3 [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-cristina-lopez-presentaron-o-obradoiro-de-perrucas-oncoloxicas-que-tera-lugar

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20250421_ruben_arroxo_perrucas_oncoloxicas.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20250421_cristina_lopez_perrucas_oncoloxicas.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20250421_alma_pacin_perrucas_oncoloxicas.mp3