Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Cristina López presentan o novo calendario do Arquivo Municipal en Pías

Rubén Arroxo e Cristina López presentan o novo calendario do Arquivo Municipal en Pías

A nova edición do calendario titúlase 'A terra entre as mans', e recolle imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias lucenses.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local
Xoves, 11 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López presentan o novo calendario do Arquivo Municipal en Pías

A área de Participación Cidadá continúa a presentación do Calendario de 2024 elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título 'A terra entre as mans', recóllense imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias de Lugo.

Rubén Arroxo e Cristina López desprazáronse ata Pías para agradecer a súa participación e a de 15 parroquias máis que se implicaron na elaboración deste calendario. A concelleira de Participación afirmou que "dado o éxito de cada edición, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo nos vindeiros anos".

Cristina López destacou que "o noso rural e as nosas xentes son un piar básico da nosa sociedade, polo que quixemos homenaxealos dándolles o protagonismo que se merecen formando parte deste proxecto". A concelleira tamén quixo facer especial fincapé "no importante labor dos nosos devanceiros que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".

O calendario 'A terra entre as mans' continúa co proxecto iniciado pola área de Participación a finais do 2019. Cada ano, elabórase un calendario amosando a riqueza das imaxes almacenadas no arquivo municipal, con diversas temáticas. Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario nas oficinas da área de Participación.

Audio

  • A edil de Participación Cidadá, Cristina López, sobre o Calendario 2024 | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-cristina-lopez-presentan-o-novo-calendario-do-arquivo-municipal-en-pias

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240111_cristina_lopez_calendario.mp3