Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Cristina López presentan a Feira de Entroido de Nadela, que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía

Rubén Arroxo e Cristina López presentan a Feira de Entroido de Nadela, que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía

A área de Mobilidade facilitará un servizo especial de bus urbano que conectará o centro coa feira o 22 de febreiro de 2025.

A feira contará cunha exposición elaborada pola área de Participación en colaboración coas veciñas e veciños.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local
Mércores, 19 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López presentan a Feira de Entroido de Nadela, que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía

A Tenencía de Alcaldía do Concello de Lugo apoia a nova edición da Feira de Entroido de Nadela que se celebrará o vindeiro sábado 22. A través de dúas das súas concellerías, ofrecerá axudas para que "toda aquela persoa que o desexe poda acercarse gratuitamente ata Nadela para desfrutar dos produtos máis típicos da nosa gastronomía durante estas datas próximas ao Entroido", explicou a concelleira de Participación.

Para facilitar o desprazamento ata a Feira de Entroido de Nadela, a área de Mobilidade habilitará un servizo especial de bus urbano para conectar o centro da cidade con Nadela. O servizo será circular, partindo desde Ramón Ferreiro, diante do Instituto Feminino, e parando en Nadela, cunha frecuencia de 30 minutos. O primeiro servizo sairá ás 11:30 e os buses especiais rematarán ás 16:15.

A Tenencia de Alcaldía colabora tamén coa feira elaborando unha exposición fotográfica sobre a historia deste evento. Trátase de 40 fotografías recollidas por veciñas e veciños de Nadela, que van desde os anos 20 ata os anos 70, e que se poderán ver o sábado na carpa da feira.

Cristina López destacou o carácter tradicional desta feira que "ofrece unha variedade de exposición e venda de produtos da nosa terra".  Para a concelleira, "as feiras de produtos tradicionais desempeñan un papel crucial na preservación da cultura e o patrimonio, ao tempo que fomentan o comercio local e a sostibilidade". Ademais, lembra Cristina López, ofrecen ás persoas que as visitan a oportunidade de coñecer tradicións arraigadas e produtos auténticos.

Audio

  • A edil Cristina López, sobre a Feira de Nadela | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-cristina-lopez-presentan-feira-de-entroido-de-nadela-que-conta-coa-colaboracion

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250219_cristina_lopez_feira_de_nadela.mp3