Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Cristina López asistiron ao BIOVÓLEI 2024

Rubén Arroxo e Cristina López asistiron ao BIOVÓLEI 2024

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Servizos sociais,
    • Deportes,
    • Escolas deportivas,
    • Desenvolvemento local
Sábado, 22 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López asistiron ao BIOVÓLEI 2024

Rubén Arroxo e Cristina López asistiron ao BIOVÓLEI 2024, un evento que ten o obxectivo de difundir a práctica do vólei como actividade bio-saudable nos fermosos lugares que a nosa cidade de Lugo nos ofrece.

O BIOVÓLEI conta con tres localizacións, sendo a praza Santa María a escollida para as xogadoras e xogadores de categoría benxamín e prebenxamín.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza colabora con este evento xunto coa área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-cristina-lopez-asistiron-ao-biovolei-2024