Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron o arranque das obras na rúa Pousadela no barrio da Cheda

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron o arranque das obras na rúa Pousadela no barrio da Cheda

No barrio da Cheda procederase, tamén, ao pavimentado da rúa Río Sar que é unha das poucas que quedan se acondicionar neste barrio

Alexandre Penas “temos previstas actuacións en vías municipais do centro da cidade e tamén nos barrios para activar a vida en Lugo”

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Domingo, 17 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron o arranque das obras na rúa Pousadela no barrio da Cheda

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o inicio das obras de asfaltado da rúa Pousadela. Arroxo explicou que se vai a intervir no tramos entre o barrio da Cheda e a ronda do Carme, “un tramo que precisaba de ser acondicionado por que ademais é utilizado por moitas veciñas e veciños da Cheda xa que é o camiño máis curto cara o centro da cidade” sinalou Arroxo e engaidu “Estamos traballando para activar os barrios con actuacións demandadas pola veciñanza”.

No barrio da Cheda, comezou a intervención para proceder ao asfaltado do tramo da rúa Pousadela entre a ronda do Carme e o propio barrio da Cheda. Esta actuación conta cun orzamento de 15.851€. Alexandre Penas sinalou que “no pasado mandato o propio Rubén Arroxo, como concelleiro da oposición, trasladou ao goberno municipal a necesidade de arranxar esta vía e agora, dende o goberno, acometemos a obra para cumplir coas veciñanza”. Penas tamén informou que “en breve” se cometerá, tamén, o pavimentado da rúa Río Sar que é unha das poucas que quedan se acondicionar neste barrio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-alexandre-penas-visitaron-o-arranque-das-obras-na-rua-pousadela-no-barrio-da