Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con representantes da comunidade colombiana en Lugo

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con representantes da comunidade colombiana en Lugo

Rubén Arroxo: “rexeitamos a violencia exercida polo goberno colombiano contra o pobo”

O Tenente de Alcalde afirmou que “o Goberno de Lugo solidarízase co pobo colombiano na súa loita contra a represión”

  • Tema
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Inclusión,
    • Emigración e inmigración
Martes, 11 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con representantes da comunidade colombiana en Lugo

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con representantes da comunidade colombiana de Lugo, na que trasladaron “o apoio e a solidaridade do Goberno de Lugo co pobo colombiano na súa loita contra a represión”, segundo afirmou Rubén Arroxo.

O Tenente de Alcalde rexeitou “a violencia exercida polo goberno colombiano contra o pobo”, exercida desde o pasado 28 de abril, cando a poboación de máis de 500 concellos de Colombia acolleron mobilizacións en protesta contra o goberno de Iván Duque, en cuestións como a xestión da pandemia, a falta de implementación de acordos de paz e os ataques a líderes sociais que reclamaban un cambio na política do país.

“Estas mobilizacións foron reprimidas polo estado, producíndose varios asasinatos , e centos de feridas, ademais de detencións que na súa maioría son arbitrarias”, afirmou Rubén Arroxo Arroxo, que afirmou que “seguiremos apoiando ao pobo colombiano, agardando que remate a represión das protestas populares”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza coa comunidade colombiana | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-alexandre-penas-reunense-con-representantes-da-comunidade-colombiana-en-lugo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210511_ruben_arroxo_xuntanza_comunidade_colombiana.mp3