Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coas veciñas e veciños da rúa Otero Pedrayo

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coas veciñas e veciños da rúa Otero Pedrayo

O Tenente de Alcalde e o edil de Infraestruturas acordaron coa veciñanza a transformación do treito que une esta rúa con Río Sil, "creando un novo espazo de convivencia para as veciñas e veciños do barrio".

Arroxo: "Seguimos avanzando na cidade dos 5 minutos, traballando da man das veciñas e veciños para conseguir consensos na transformación do espazo urbano dos nosos barrios".

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Domingo, 13 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coas veciñas e veciños da rúa Otero Pedrayo

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza coas veciñas e veciños da rúa Otero Pedrayo para abordar a transformación do treito que conecta esta rúa con Río Sil. Durante o encontro, acordouse coa veciñanza a creación dun novo espazo de convivencia, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e fomentar a participación cidadá na definición dos espazos públicos.

Rubén Arroxo destacou que “seguimos avanzando na cidade dos 5 minutos, traballando da man das veciñas e veciños para conseguir consensos na transformación do espazo urbano dos nosos barrios”. O Tenente de Alcalde subliñou a importancia de atender ás reclamacións veciñais e animou á cidadanía a facer chegar as súas propostas ao Concello, sinalando que “a información recollida, xunto coas visitas periódicas aos barrios, permítenos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar”.

O Goberno de Lugo elaborará un proxecto que permita crear "unha zona de convivencia nesta rúa", aumentando o espazo peonil e os espazos de convivencia veciñal. Arroxo destacou que a área de Mobilidade busca crear "un espazo referencial no barrio", e lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa en construír a cidade dos 5 minutos, unha cidade na que calquera persoa, independentemente de onde resida, teña amenos de 5 minutos unha zona de estar ao aire libre. "Logramos avanzar moito con peonalizacións nos distintos barrios, convertendo carrís innecesarios en beirarrúas amplas e creando novos espazos verdes e zonas de convivencia, como faremos neste punto de Otero Pedrayo".

Audio

  • O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza coas veciñas e veciños da rúa Otero Pedrayo | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-alexandre-penas-reunense-coas-vecinas-e-vecinos-da-rua-otero-pedrayo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20250713_ruben_arroxo_xuntanza_otero_pedrayo.mp3