Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Alexandre Penas amosan as instalacións da casa consistorial a estudantes do colexio Franciscanos

Rubén Arroxo e Alexandre Penas amosan as instalacións da casa consistorial a estudantes do colexio Franciscanos

Os edís amosáronlles o funcionamento do Concello e contestou ás preguntas e suxerencias da mocidade.

Nun xogo realizado coas nenas e nenos, simulouse un pleno municipal onde o grupo de escolares propuxo distintas iniciativas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Servizos sociais,
    • Desenvolvemento local,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Mércores, 20 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas amosan as instalacións da casa consistorial a estudantes do colexio Franciscanos

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, recibiron a dous grupos de estudantes do Colexio Franciscanos de Lugo. Durante a visita, os concelleiros explicaron o funcionamento da Administración e o papel da veciñanza nela, e amosaron as distintas instalacións da Casa Consistorial, na praza Maior, como o Salón de Plenos ou os conxuntos escultóricos adquiridos polo Concello e expostos permanentemente na sede municipal.

Temas como a mobilidade ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas achegadas polas nenas e nenos que realizaron a visita. Penas manifestou a súa satisfacción por recibir esta visita no Concello, e animou aos centros educativos de Lugo a programar visitas á Casa Consistorial.

Unha vez situados no Salón de Plenos, as e os estudantes organizáronse en diversos grupos e simularon un pequeno pleno onde realizaron propostas como a creación dun parque acuático ou un servizo de salvamento de animais, ademais de debater ante a difícil decisón de escoller a mellor larpeirada do mundo.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a visita dos escolares ó Concello | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-alexandre-penas-amosan-instalacions-da-casa-consistorial-estudantes-do-colexio

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240320_alexandre_penas_visita_escolares_concello_0.mp3