Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo anunciou a aprobación das obras de mellora no entorno do Colexio Rosalía de Castro

Rubén Arroxo anunciou a aprobación das obras de mellora no entorno do Colexio Rosalía de Castro

"Modificarase parte da rúa Cambria para que as crianzas poidan acceder ao colexo Rosalía, a través dun entorno amable e seguro" dixo Rubén Arroxo.

A obra foi licitada na Xunta de Goberno Local con un importe base de 139.610, 02 euros e un prazo de ececución de 3 meses.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Mércores, 07 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anunciou a aprobación das obras de mellora no entorno do Colexio Rosalía de Castro

O Colexo Rosalía de Castro beneficiarase do plan de seguranza dos entornos escolares posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo. O proxecto da obra foi presentado, ante representantes da ANPA e da dirección do centro, por Rubén Arroxo. O Tenente de Alcalde estivo acompañado de ediles de educación e infraestruturas, Iria Buide e Alexandre Penas.

Este tamén é un dos cinco centros da cidade incluidos no programa de vieiros escolares seguros "facilita a conciliación familiar, ademais de promover hábitos de vida saudables e reducir o tráfico rodado na contorna dos colexios" dixo Rubén Arroxo que asegurou que esta actuación complementa o proxecto "Camiño ás Aulas".

A obra foi licitada na Xunta de Goberno Local con un importe base de 139.610, 02 euros e un prazo de ececución de 3 meses. As empresas que se presenten a concurso poderán baixar este importe para obter a correspondente adxudicación e facer a obra no prazo acordado polo goberno municipal.

Rolda de prensa Xunta de Goberno Local

O Tenente de Alcalde tamén informou de outros asuntos aprobado na Xunta de Goberno como o asfaltado da rúa da Agricultura, no polígono do Ceao, cun orzamento de  134.692,38 euros e un prazo de execución de 12 semanas e a licitación do servizo de reprografía do arquivo municipal que parte cun orzamento de 6.546,10 euros e farase un contrato dun ano e prorrogable a 5 máis.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre o entorno do Colexio Rosalía | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-anunciou-aprobacion-das-obras-de-mellora-no-entorno-do-colexo-rosalia-de-castro

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/07-05-2025_ruben_arroxo_entorno_colexo_rosalia.mp3