Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo anuncia unha nova intervención do plan de renovación da rede de alumeado público

Rubén Arroxo anuncia unha nova intervención do plan de renovación da rede de alumeado público

Arroxo: "Renovamos o alumeado da comunicación entre a Fonte dos Ranchos e a avenida da Coruña".

Estase a actuar nas rúas Quiroga, Gardas, Valle Inclán e Curros Enriquez, aforrando 31.630 kWh ao ano.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Xoves, 24 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anuncia unha nova intervención do plan de renovación da rede de alumeado público

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Tenencia de Alcaldía está a traballar no plan de renovación da rede de alumedao público de Lugo, cunha renovación nas principais rúas que comunican a Fonte dos Ranchos coa avenida da Coruña. Arroxo explicou que "seguimos traballando en distintas zonas da cidade para garantir un alumeado público eficiente enerxeticamente e que garanta que non haxa zonas escuras nas rúas".

O Goberno de Lugo está traballando nas rúas Quiroga, Gardas, Valle Inclán e Curros Enríquez, eliminando en total 44 luminarias de Vapor de Sodio de 276W, instalando puntos Led de 108W, o que permitirá aforrar 31.630 kWh ao ano. O alumeado permitirá unha maior harmonización da contorna, ao ser unha luz uniforme en toda a trama e ao unificarse a temperatura de cor. Con esta actuación mellorarase tamén a uniformidade lumínica, eliminando zonas escuras, e renovaranse elementos da instalación como caixas de conexión e conductores e reducindo o risco de avarías na rede.

Arroxo explicou que dende a chegada ao Goberno de Lugo "traballamos continuamente na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente".  Os criterios utilizados á hora de realizar estas actuacións son a recuperación das luminarias existentes adaptándoas ás novas tecnoloxías, reducir os residuos xerados e os custos de implantación e a renovación do resto de elementos que conforman a rede de alumeado, o que diminúe as avarías e as molestias á veciñanza.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre o alumeado | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-anuncia-unha-nova-intervencion-do-plan-de-renovacion-da-rede-de-alumeado-publico

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/241024_ruben_arroxo_alumeado.mp3