Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo anuncia unha nova intervención do plan de renovación da rede de alumeado público

Rubén Arroxo anuncia unha nova intervención do plan de renovación da rede de alumeado público

Arroxo: "nesta nova intervención substituiranse preto de 30 luminarias, reducindo o consumo case en 1.000 kWh ao ano".

A última actuación proxectada executarase nas rúas Monforte, Luís Cordeiro, Narciso Peinado e Serra de Ancares.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Servizos sociais,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Domingo, 16 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anuncia unha nova intervención do plan de renovación da rede de alumeado público

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo continúa a traballar no plan de renovación da rede de alumedao público de Lugo, cunha nova actuación que mellorará o alumeado das rúas Monforte, Luís Cordeiro, Narciso Peinado e Serra de Ancares. Arroxo explicou que "seguimos traballando en distintas zonas da cidade para garantir un alumeado público eficiente enerxeticamente e que garanta que non haxa zonas escuras nas rúas".

O Goberno de Lugo retira, con esta intervención, en total 28 luminarias de Vapor de Sodio con potencias entre 168 e 276W, instalando puntos Led de entre 3 e 25W, o que permitirá aforrar 886 kWh ao ano. O alumeado permitirá unha maior harmonización da contorna, ao ser unha luz uniforme en toda a trama e ao unificarse a temperatura de cor. Con esta actuación mellorarase tamén a uniformidade lumínica, eliminando zonas escuras, e renovaranse elementos da instalación como caixas de conexión e conductores e reducindo o risco de avarías na rede.

Arroxo explicou que dende a chegada ao Goberno de Lugo "traballamos continuamente na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente".  Os criterios utilizados á hora de realizar estas actuacións son a recuperación das luminarias existentes adaptándoas ás novas tecnoloxías, reducir os residuos xerados e os custos de implantación e a renovación do resto de elementos que conforman a rede de alumeado, o que diminúe as avarías e as molestias á veciñanza.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-anuncia-unha-nova-intervencion-do-plan-de-renovacion-da-rede-de-alumeado-public-0