Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo anuncia a renovación da praza da Árbore, na rúa Conde

Rubén Arroxo anuncia a renovación da praza da Árbore, na rúa Conde

Arroxo: “actuamos nunha zona que levaba moitos anos abandonada, mellorando un espazo peonil que estaba desaproveitado”

Hoxe comezaron os traballos, que consistirán no aumento das beirarrúas da zona e na eliminación dun carril de incorporación inutilizado hai anos.

  • Tema
    • Obras en execución
Luns, 25 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anuncia a renovación da praza da Árbore, na rúa Conde

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, persoal técnico municipal e o presidente da Asociación Veciñal do barrio de Paradai, visitaron a praza da Árbore, ubicada na confluencia das rúas Río Sil, Conde e Salmón, onde o goberno de Lugo está a realizar unha actuación para, segundo explicou Rubén Arroxo “recuperar un espazo que levaba moito tempo abandonado e desaproveitado”.

O Tenente Alcalde explicou que “con esta intervención melloraremos a accesibilidade ao aumentar o tamaño as beirarrúas e reformando a praza para que a veciñanza da zona poida facer uso dela”. A intervención que leva adiante o Goberno de Lugo inclúe a eliminación dun carril de incorporación que levaba moitos anos inutilizado, o que aumentará o espazo adicado ao uso peonil.

Esta actuación realizarase en conxunto coa mellora da unión da rotonda que une Río Sil con Infanta Elena. “Nos últimos meses puxemos fin a un dos puntos negros máis importantes da cidade, na saída de Infanta Elena de cara a Río Sil, e con esta actuación complementaremos os traballos executados de xeito provisional nese momento, mellorando ese espazo de xeito definitivo, evitando que as solucións temporais perduren no tempo”, expliou Rubén Arroxo.

Audio

  • Rubén Arroxo - Praza da Árbore| Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-anuncia-renovacion-da-praza-da-arbore-na-rua-conde

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/211025_ruben_arroxo_praza_da_arbore.mp3