Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo anuncia reforzos no bus urbano de cara á proba do mundial de Motocross desta fin de semana

Rubén Arroxo anuncia reforzos no bus urbano de cara á proba do mundial de Motocross desta fin de semana

Un bus lanzadeira comunicará o polígono das Gándaras co circuíto Jorge Prado

Rubén Arroxo: "facilitamos que toda a xente que o desexe poida acudir ao evento en transporte público"

  • Tema
    • Buses urbanos
Xoves, 09 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anuncia reforzos no bus urbano de cara á proba do mundial de Motocross desta fin de semana

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que de cara á proba do mundial de motocross que se celebrará esta fin de semana na cidade o Goberno de Lugo poñerá a disposición da veciñanza buses lanzadeira "para chegar ao circuíto evitando utilizar o vehículo privado, facilitando a mobilidade de todas e todos os asistentes", afirmou Rubén Arroxo.

Os buses lanzadeira partirán desde o polígono das Gándaras, fronte ao Decathlon, e chegarán ata o circuíto en horario de mañá e tarde os dous días de competicións, o sábado 11 entre as 8 a 12 e pola tarde de 15:30 a 18:45, e o domingo 12, entre as 9 e as 12 e pola tarde de 15:30 a 18:45.

Arroxo animou a usar o bus "para desfrutar deste evento que coloca a Lugo no mapa deportivo internacional esta fin de semana" e lembrou que "utilizando a tarxeta cidadá poderase desfrutar dun desconto de ata o 50% do billete".

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre o bus urbano | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-anuncia-reforzos-no-bus-urbano-de-cara-proba-do-mundial-de-motocross-desta-fin-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240509_ruben_arroxo_buses_motocross.mp3