Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo anuncia descontos no prezo do bus urbano e transbordos gratuítos

Rubén Arroxo anuncia descontos no prezo do bus urbano e transbordos gratuítos

O Tenente Alcalde animou á veciñanza “a sacar a tarxeta cidadá para desfrutar dos novos descontos no transporte público de Lugo, que continúa a ser o máis barato de Galiza e o terceiro máis barato do estado”.

O Concello de Lugo recibirá a financiación do financiación do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana para o transporte público.

Os descontos aplicaranse entre o 22 de setembro e o 31 de decembro, quedando o billete ordinario en só 31 céntimos.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Buses urbanos,
    • Transporte,
    • Urbanismo
Mércores, 14 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anuncia descontos no prezo do bus urbano e transbordos gratuítos

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo bonificará o prezo do bus urbano utilizando a tarxeta cidadá. Arroxo explicou que “con esta medida continuamos a promocionar o bus urbano de Lugo, o transporte público máis barato das cidades galegas e o terceiro máis barato do estado”. A Xunta de Goberno vén de aprobar a solicitude ao Ministerio de Mobilidade, para que o transporte público do Concello de Lugo poida acollerse ás bonificacións aprobadas ata final de ano.

As novas bonificacións do 30% no billete, aplicaranse a partir do 22 de setembro, e durarán ata o 31 de decembro. As persoas que durante este período utilicen o bus urbano pagando coa tarxeta cidadá, poderán viaxar en bus por só 31 céntimos, mentres que o billete bonificado (mocidade, estudantes, persoas desempregadas, pensionistas e minusválidas) custará 21 céntimos, sendo gratuítos todos os transbordos.

Os descontos só se aplicarán utilizando a Tarxeta Cidadá, un dos requerimentos do estado para acceder á bonificación do 30%. Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a bonificación do bus urbano | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-anuncia-descontos-no-prezo-do-bus-urbano-e-transbordos-gratuitos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220914_ruben_arroxo_bonificacions_buses.mp3