Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo anuncia a apertura do proceso de contratación da peonalización da Mosqueira

Rubén Arroxo anuncia a apertura do proceso de contratación da peonalización da Mosqueira

O Tenente de Alcalde informou que as ofertas poderán presentarse até o vindeiro 14 de outubro, e as ofertas comezarán a revisarse o 22 de outubro

Rubén Arroxo: “A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio”

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Tráfico,
    • Urbanismo
Xoves, 24 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo anuncia a apertura do proceso de contratación da peonalización da Mosqueira

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo anunciou a publicación na Plataforma de Contratación do Estado da peonalización da Ronda da Muralla, no treito da Mosqueira. Segundo Rubén Arroxo, “con esta publicación, as empresas que estén interesadas poderán comezar a presentar as súas ofertas para realizar esta intervención”.  O prazo para realizar algunha oferta, estenderase até o 14 de outubro e, segundo indicou Rubén Arroxo, “segundo as previsións do persoal municipal, a apertura de ofertas para analizar a documentación realizarase o 22 de outubro”.

O proxecto foi publicado na Plataforma cun orzamento base de 797.016,93€, ive incluído, e un prazo de realización de 8 meses. “A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira”, anunciou Rubén Arroxo.

“Lugo ten a única Muralla romana completa do mundo, un patrimonio da humanidade e temos a obriga como goberno de protexela e potenciala”, lembrou Arroxo, que engadiu “tal como advertiu o Icomos, as vibracións dos vehículos están a causar problemas estruturais ao monumento, polo que unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista esta actuación, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla”.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a contratación da peonalización da Ronda da Muralla | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-anuncia-apertura-do-proceso-de-contratacion-da-peonalizacion-da-mosqueira

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200924_ruben_arroxo_contratacion_peonalizacion_ronda_muralla_-_converted.mp3