Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo amosa as instalacións da Casa Consistorial a estudantes do colexio Franciscanos

Rubén Arroxo amosa as instalacións da Casa Consistorial a estudantes do colexio Franciscanos

O Tenente de Alcaldesa explicou o funcionamento do Concello e respostou ás preguntas e suxerencias da mocidade.

Temas como a mobilidade, as festas ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas achegadas polas nenas e nenos.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Martes, 10 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo amosa as instalacións da Casa Consistorial a estudantes do colexio Franciscanos

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, recibiu na Casa Consistorial a un grupo de estudantes de 2º Ciclo do Colexio Franciscanos de Lugo. Durante a visita, Arroxo explicou o funcionamento da Administración e o papel da veciñanza nela, e amosarou as distintas instalacións da Casa Consistorial, na praza Maior, como o Salón de Plenos ou os conxuntos escultóricos adquiridos polo Concello e expostos permanentemente na sede municipal.

Temas como a mobilidade, as festas ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas achegadas polas nenas e nenos que realizaron a visita. O Tenente de Alcaldesa manifestou a súa satisfacción por recibir esta visita no Concello, e animou aos centros educativos de Lugo a programar máis visitas á Casa Consistorial.

Unha vez situados no Salón de Plenos, as e os estudantes organizáronse en diversos grupos e simularon un pequeno Pleno onde realizaron propostas como a creación dun parque acuático, un parque natural ou unha tirolina. Ao rematar, as e os escolares tamén puideron visitar os restos dun templo romano ubicados dentro da propia Casa Consistorial.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-amosa-instalacions-da-casa-consistorial-estudantes-do-colexio-franciscanos